COMPROMISOS NOVAMOTOR.

Adquirimos 5 compromisos que vertebran toda a nosa actividade e que representan os nosos valores

Compromiso cos nosos clientes

O noso principal compromiso é cos nosos clientes. Ofrecer un servizo de calidade e
personalizado é a nosa prioridade. Queremos saber de ti antes e despois da reparación,
queremos que volvas e traballamos para acadar a excelencia.
Se tes algo que contarnos, podes contactar connosco a través do noso servizo de contacto. Atención ó Cliente.

Compromiso cos nosos traballadores

Novamotor non sería posible sen os seus traballadores. O noso compromiso con eles é total e, por este motivo, ofrecemos condicións superiores ás establecidas no convenio.

Compromiso co medioambiente

En Novamotor queremos contribuír a frear o cambio climático e a contaminación.
Asumimos a nosa responsabilidade cumprindo rigorosamente a lexislación vixente e indo máis aló: investimos para mellorar a xestión dos residuos.

Compromiso coa sociedade

A responsabilidade social de Novamotor é absoluta. Queremos axudar ao desenvolvemento dun mundo máis xusto e igualitario e, para iso, cada ano facemos doazóns a diferentes asociacións, ONG e fundacións que traballan cos colectivos máis desfavorecidos.

Compromiso con Celanova

O noso quinto compromiso é Celanova: apostamos por contribuír ao desenvolvemento
económico do concello. Non estamos aquí por casualidade. Dende o principio priorizamos áreas rurais a urbanas. Estamos convencidos de que hai que revalorizar o rural e, como empresa privada, asumimos a responsabilidade de axudar ao crecemento económico do mundo rural galego. Chegamos a Celanova para quedarnos.

A NOSA FILOSOFÍA.

A nosa filosofía é sinxela: compromiso coa excelencia e atención ao detalle en cada servizo que ofrecemos. Esforzámonos por ofrecer solucións fiábeis e duradeiras para manter o teu vehículo en óptimas condicións. En cada reparación, mantemento ou diagnóstico, buscamos non só satisfacer, senón superar as expectativas dos nosos clientes, proporcionando un servizo profesional e transparente que garanta a túa seguridade na estrada.

A túa confianza é a nosa prioridade.

Contacto

Parque Empresarial Celanova "Nave 2", 32800 - Celanova (Ourense)

Administración e citas:
602 47 87 31
Taller:
602 47 30 44
info@talleresnovamotor.es

área cliente

NOVAMOTOR

Novamotor
Servizos
Blog
O Taller da xente moza
Contacto

     

×